Piqué di "votarem" e no Estado viralízase o hashtag "PiquéForaDaSelección"

Gerard Piqué

Habitualmente abouxado nos partidos da selección española do fútebol polas súas conviccións catalanistas, o central do FCB Barcelona chamou na súa conta twitter a "expresarnos pacificamente" e a "non darlles ningunha escusa". 

Piqué proclama cun cancelo #Votarem, o que provocou a reacción españolista na rede ao se viralizar decontado o hashtag #PiqueForadaSeleccion.

 

"Desde hoxe até o domingo, expresémonos pacificamente. Non lles deamos ningunha escusa. É o que queren. E cantemos ben alto e ben forte #Votaremos", escrebeu o barcelonista.

 

Dentro dun clube que xa de por si é un dos símbolos cataláns por excelencia, Piqué personifica as posicións máis próximas ao soberanismo catalán.

 

 

A reacción do chovinismo internáutico español non se fixo esperar e o twitter ferve neste momento de chíos que mallan no futebolista catalán. A pelota está agora no tellado de Julen Lopetegui, seleccionador español. Gerard Piqué sempre ten acudido ás convocatorias da equipa estatal.