Oito candidaturas loitan por cada escano nuns comicios aragoneses nos que nunca houbo unha maioría absoluta

As oito candidaturas que concorren ás eleccións aragonesas. (Foto: Ramón Comet / Europa Press)
Jorge Azcón, polo PP; Pilar Alegría, polo PSOE; Jorge Pueyo, pola Chunta Aragonesista; Tomás Guitarte, por Aragón Existe; Alberto Izquierdo, polo Partido Aragonés; María Goikoetxea, por Podemos; Marta Abengochea, por IU-Movimiento Sumar, e Alejandro Nolasco, por Vox, competirán por alcanza o maior número de escanos.

Oito formación políticas compiten este domingo nas eleccións ao Parlamento de Aragón, unha Cámara na que nunca ningunha opción conseguiu a maioría absoluta. Desta maneira, Jorge Azcón, polo PP; Pilar Alegría, polo PSOE; Jorge Pueyo, pola Chunta Aragonesista; Tomás Guitarte, por Aragón Existe; Alberto Izquierdo, polo Partido Aragonés; María Goikoetxea, por Podemos; Marta Abengochea, por IU-Movimiento Sumar, e Alejandro Nolasco, por Vox, competirán por alcanza o maior número de escanos.

Con todo, o favorito para ser o máis votado é Azcón, o actual presidente da autonomía, quen adiantou as eleccións para intentar alcanzar unha inédita maioría absoluta. Porén, está por ver se o consegue ou se precisa apoiarse nalgunha das outras forzas do arco parlamentario, podendo darse o caso de que as matemáticas o obriguen a depender da ultradereita.

Outro escenario sería a maior das derrotas para o candidato popular, posto que a ex ministra socialista segue aspirando a unha remontada que lle permita conformar unha maioría de esquerdas para gobernar Aragón.