O ministro de Relacións Exteriores da Arxentina presenta a súa dimisión na semana das eleccións lexislativas
O ministro de Relacións Exteriores da Arxentina, Gerardo Werthein, presentou a súa renuncia ao cargo, no medio dos rumores sobre cambios dentro do gabinete do presidente Javier Milei e presuntas disputas internas. A carta de renuncia sería entregada a noite da terza feira e, de acordo á información que transcendeu en medios, faríase efectiva a partir da próxima segunda feria, un día despois das eleccións lexislativas que teñen lugar este domingo.
Werthein entrou ao gabinete en novembro do ano pasado, en substitución de Diana Mondino. Desde entón, mantivo unha política exterior en plena liña cos gobernos dos Estado Unidos e Israel. Segundo adiantan medios locais, a saída precipitouse polas declaracións que fixo o presidente dos EUA, Donald Trump, quen condicionou a axuda estadounidense á Arxentina ao eventual triunfo de Milei nos comicios.
Disputa interna
Outros medios, como TN, aseguran que a razón de peso detrás da dimisión é a súa suposta disputa con Santiago Caputo, un asesor de Milei que podería entrar a formar parte do gabinete tras as eleccións. As versións dunha pelexa interna incrementáronse en redes sociais, xa que sectores aliados de Caputo culparon abertamente a Werthein da "confusión" de Trump e das consecuencias económicas que trouxo o episodio. O chanceler esperaría un respaldo de Milei ante os ataques, mais este non chegou.