Miles de persoas maniféstanse en Bilbo convocadas por EH Bildu contra a crise

eh bildu abante manifestación

A marcha decorreu baixo o lema “Avante! A grande onda vasca é imparábel”.

EH Bildu mobilizou este sábado en Bilbao miles de persoas nunha “onda vasca xigante” para mostrar a capacidade de Euskal Herria para facer fronte á actual crise e reverter a realidade actual no camiño de construír a independencia de Euskal Herria. “Liberdade e igualdade" foi outro dos lemas da marcha.

O ano pasado EH Bildu fixo unha demostración de forza no mesmo mes e este sábado encheu de novos as rúas de Bilbao cunha mensaxe "de reivindicar que os vascos e vascas quermos ser donos e donas do noso futuro e das nosas propias vidas"..

Máis de 60 autobuses chegaron desde diferentes puntos de Euskal Herria a Bilbo para timar parte nesta manifestación. Segundo o dato facilitado por EH Bildu, entre os miles de persoas que participaron a manifestación, 1.359 son representantes municipais.

Á manifestación sumáronse tamén representantes internacionais como os de ERC e a CUP por Cataluña, os do BNG pola Galiza, os de Més per Menorca e Més per Mallorca por Balearesentre outros.

Á chegada da faixa principal da mobilización a un punto determinado, a mobilización viviu un momento especial. Seguindo as instrucións dadas desde os altofalantes, decenas de miles de persoas participantes na mobilización en Bilbo acenderon as luces dos seus teléfonos móbiles e representaron as ondas.