México suspende o rescate dos dez mineiros atrapados hai unha semana por risco de colapso
Os equipos de rescate do Ministerio de Defensa de México suspenderon a última hora desta cuarta feira os labores de busca dos dez mineiros que quedaron atrapados unha semana atrás na mina de carbón de Sabinas (Coahuila), alegando que non é seguro.
Un grupo de buzos accedeu ao interior la mina logo de que se retirasen os obstáculos que impedían o acceso, a fin de verificar as condicións nas que se atopaba o lugar e determinar se había posibilidade de que os rescatistas entrasen na procura dos traballadores.
Os buzos acharon un casco no interior da mina
Segundo informa o xornal Milenio, a operación de rescate na mina suspendeuse após tres horas porque os alicerces seguen a bloquear o paso. Porén, os buzos acharon un casco, presumibelmente un dos mineiros.
Acto seguido, o equipo de rescate abandonou o lugar debido ao "risco de colapso" e a posibilidade de que o operativo tornase nun novo accidente. "Deberán realizarse manobras para o retiro dos obstáculos", informou o Goberno de Coahuila.
Con todo, o Executivo de Andrés Manuel López Obrador manifestou o seu compromiso de proseguir os labores de busca até lograr o rescate desas dez persoas, cuxo estado aínda se descoñece.
O Goberno mexicano investigará a empresa concesionaria
Tamén asegurou que as autoridades revisarán a concensión da mina e determinarán a "responsabilidade dos seus donos" a través dunha fonda investigación para aclarar as causas do accidente.
Os traballadores quedaron atrapados unha semana atrás logo de que un río subterráneo provocase o asolagamento da mina e bloquease as súas saídas. Están a unha profundidade duns 34 metros.