Madrid prohíbe aos escoltas de Torra viaxar co presidente da Generalitat a Bruxelas
Vai á capital comunitaria a palestrar co president no exilio, Carles Puigdemont. Interior di que a integridade do titular do Govern non corre risco.
O desprazamento ao exterior de axentes armados das policías autonómicas ten que ser autorizado polo Ministerio do Interior. De acordo con portavoces oficiais, non se ve risco na viaxe para o president, así que se nega o permiso aos escoltas de Torra.
En termos politicos, a decisión reflicte o mal momento que atravesan as relacións entre o Palau da Generalitat e a Moncloa, após o bloque independentista ter votado contra os orzamentos.
En twitter un colectivo organizado dos Mossos pergúntase se este veto de Interior ten a ver precisamente coa posición adoptada polas forzas soberanistas catalás no debate sobre as contas do estado para 2018.