Juan Carlos I sae do Parlamento de Nafarroa
16 de xuño de 2020 (13:41 h.)
Retirado o seu cadro da sala de Goberno.
O cadro do rei emérito español xa non loce no Parlamento de Nafarroa, de onde o retrato de Juan Carlos I foi retirado esta terza feira.
A retirada produciuse poucas horas despois de ser aprobada unha iniciativa en tal sentido. Presentada por Izquierda-Ezquerra, saíu adiante co apoio do PSOE, Geroa Bai, Bildu e Podemos. Só votou en contra Navarra Suma (coalición de PP e Ciudadanos).
O cadro quedou gardado no arquivo. Na mesma xunta de voceiros debateron tamén unha proposición para investigar Juan Carlos I polas presuntas comisións do AVE, e aí os socialistas votaron en contra, polo que non saíu adiante