Israel rexeita a petición de 25 estados de rematar coa crise humanitaria en Gaza

Un ataque israelí en Jabalia, no norte da Faixa de Gaza. (Foto: Omar Ashtawy / Zuma Press / ContactoPhoto)
Tel Aviv di que esa solicitude o que fai é beneficiar Hamas.

O Estado español, Reino Unido, Canadá, Francia ou Italia piden nun comunicado conxunto a fin da guerra en Gaza e afirman que o modelo de entrega de axuda do goberno israelí é "perigoso, alimenta a inestabilidade e priva aos gazatíes da dignidade humana"

Un grupo de 25 países pediron esta segunda feira a través dun comunicado conxunto o fin da “guerra” en Gaza e afirman que o modelo de entrega de axuda do Goberno israelí é "perigoso, alimenta a inestabilidade e priva os gazatíes da dignidade humana".

"Nós, os asinantes que figuran a continuación, unímonos cunha mensaxe sinxela e urxente: a guerra en Gaza debe rematar xa", reza o comunicado, que desvelou o Goberno de Reino Unido.

"O sufrimento da poboación civil de Gaza alcanzou novas cotas. O modelo de entrega de axuda do Goberno israelí é perigoso, alimenta a inestabilidade e priva os gazatís da súa dignidade humana. Condenamos o goteo de axuda e a matanza inhumana de civís, incluídos nenos, que tentan satisfacer as súas necesidades máis básicas de auga e alimentos", din os asinantes.

Neste sentido, aseguraron que Israel debe cumprir coas súas obrigas en virtude do dereito internacional humanitario e cualificaron o modelo de prestación de axuda israelí como "perigoso por aumentar a inestabilidade e privar os gazatíes da súa dignidade humana".

Esta segunda feira coñeceuse que a cifra total de mortos na Franxa supera os 59.000, segundo o ministerio de Saúde de Gaza, despois dos últimos bombardeos israelís.

O portavoz do Ministerio de Exteriores do Goberno de Netanyahu publicou en redes sociais, que todas as declaracións e todas as reclamacións deben dirixirse á única parte responsábel da falta dun acordo para a liberación dos reféns e un cesamento do fogo: Hamás. Ademais, subliñou que a declaración conxunta "está desconectada da realidade e envía unha mensaxe equivocada a Hamás".