O país solicita axuda

Os incendios matan no mínimo 74 persoas en Grecia

Incendios en Grecia.

As lapas arrasan os arredores de Atenas, a capital de Grecia. No mínimo 74 persoas morreron nos incendios, entre elas varias menores de idade. O Estado grego declarou o estado de emerxencia e vén de solicitar axuda internacional.
 

O lume desatouse entre o porto de Rafina, a 30 quilómetros de Atenas, e Nea Makri, 10 quilómetros máis ao norte. Os fortes ventos dificultan o control dos fogos. Os máis grandes aínda activos son sete. Ademais dos 74 mortos, os e as feridas son preto de 200 e numerosos desparecidos. Arderon arredor dun milleiro de vivendas.

 

O primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, adiantou o seu regreso de Bosnia, anunciou tres días de loito no país e prometeu que “ninguén quedará sen axuda e nada quedará sen respostas”. O ministro de Orde Pública, Nikos Toskas, insinuou que os incendios poden ser provocados.

 

En 2007, na zona do Peloponeso, outra gran vaga de lumes acabaou coa vida de 73 persoas.