Galiza con Catalunya convoca concentracións esta sexta feira contra "o golpe de estado do 155"

Un aspecto da manifestación de Galiza con Catalunya do pasado 30 de setembro

A plataforma chama a sociedade galega a realizar protestos contra a aplicación dun artigo que liquida o autogoberno de Catalunya.

Nova mobilización da Plataforma Galiza con Catalunya, convocada sob o lema "Contra o golpe de estado do 155" e coas palabras de orde "Independencia, Democracia, Liberdade".

Desta volta trátase de concentracións en cidades e vilas do país:

 

  • Compostela. Praza do Toural, 20 h.
  • Lugo. Subdelegación do Goberno, 20 h.
  • Pontevedra. Praza da Peregrina, 20 h.
  • Ferrol. Praza Amada García, 20 h.
  • Cangas. Concello, 19 h.
  • Vilagarcía. Praza de Galiza, 20 h.
  • A Coruña. Subdelegaciókn do Goberno, 20 h.
  • Ourense. Subdelegación do Goberno, 20 h
  • Vigo. Farola de Urzáiz, 20 h.
  • Viveiro. Concello, 20 h
  • Ribadeo, 20 h