Falece Edén Pastora, de 'Comandante Cero' da revolución sandinista a líder da 'contra'

O ex guerrilleiro nicaraguano Edén Pastora, coñecido como 'Comandante Cero' (gob.ni)
O antigo guerrilleiro pasou de apoiar o sandinismo a deostalo e, finalmente, volver de novo a el nos derradeiros anos da súa vida.

O ex guerrilleiro nicaraguano Edén Pastora, coñecido como 'Comandante Cero', faleceu na madrugada da terza feira aos 83 anos nun hospital de Managua.

Pastora liderou en 1978 o comando sandinista que chegou a tomar o Congreso durante o réxime de Anastasio Somoza e, tras un tempo na Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), fundou en Costa Rica a Alianza Revolucionaria Democrática (ARDE).

Durante a vida del apoiou, despois deostou e finalmente morreu defendendo o sandinismo.