EUA: O policía acusado da morte de George Floyd é declarado culpábel de todos os cargos

(Foto: Europa Press)

Agora o xuíz dispón de oito semanas para determinar a condena.

 

Un xurado popular declarou esta madrugada o  expolicía  Derek  Chauvin culpábel do asasinato do afroamericano George Floyd.

O  ex agente de policía de Mineápolis fora acusado de asasinato en segundo grao, penado con at é40 anos de cárcere; asasinato en terceiro grao, cunha condena máxima de 25 anos, e homicidio en segundo grao, que implica até 10 anos de privación de liberdade.

O xurado declarouno culpábel dos tres cargos por unanimidade, e agora o xuíz dispón de oito semanas para determinar a condena.

Ao non ter penas anteriores, é probable que a sentenza non sexa superior a 12 anos de prisión, segundo indican desde a propia prensa estadounidense.

A decisión foi acollida non alegría na comunidade afroamericana, que seguía con moita atención este xuízo.

A familia de Floyd, os avogados da familia e mesmo o reverendo e activista para os dereitos civís Al harpton coincidiron en que o papel do fiscal xeral de  Minnesota, Keith  Ellison, foi clave para alcanzar o veredicto de culpabilidade .