Os EUA impoñen unha nova carreira armamentística global
A administración Trump condiciona o seu apoio á OTAN á que os Estados membros eleven o seu orzamento militar até 2% do seu PIB. A Alianza Atlántica insiste na súa tensión con Rusia. Afondamos sobre a OTAN no Sermos Galiza 235, á venda na loxa e nos quiosques.
A cimeira extraordinaria da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) decorrida os pasados días 15 e 16 de febreiro na cidade belga de Evere axustouse ao guión. O primeiro conclave da alianza [atlántica desde a chegada de Donald Trump á Presidencia dos EUA visou a dependencia da UE do seu parceiro transatlántico. Washington fixo uso do seu rol preponderante e exixiu aos seus socios que aumenten de maneira substancial os seus orzamentos militares, até atinxiren o compromiso de 2% do seu PIB. Malia a retórica diplomática, a administración norteamericana fixo uso da ameaza velada de se distanciar da alianza, o que para alén de comprometer a seguranza do resto de Estados membros, poría en cuestión a existencia mesma da OTAN.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 235, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]