Estudantes corsos bloquean edificios oficiais para demandar poder aprender no seu idioma

Convocados por sindicatos estudiantís e a plataforma Parlemu Corsu

Varios edificios institucionais na cidade de Aiacciu, capital de Córsega, foron bloqueados hai uns días por estudantes de ensino secundario en accións de protesta para reivindicar o dereito a aprender na lingua propia da illa mediterránea, o corso. Entre os edificios bloqueados estaba a o da Prefactura, o máximo órgano de representación do Estado francés en Córsega.

 

“Lingua Corsa, ufficiali è ubligatoria!” foi unha das palabras de orde dos protestos, convocados pola Plataforma Parlemu Corsu e sindicatos estudiantís.

 

 

Estes protestos enmárcanse na vaga de mobilizacións que están a se desenvolver en territorios do Estado francés que como Córsega ou Occitania teñen lingua de seu. A reforma do ensino que prepara o goberno de Emmanuel Macron supón un retroceso para a presenza, xa de por si escasa, destes idiomas no sistema educactivo, segundo colectivos de defensa destes idiomas. A política de París, denuncian desde Parlemu Corsu ou Anem, pretende recortar horas de docencia, profesorado, medios e recursos para  aprendizase e ensinanza destas linguas. "É unha regresión brutal", alertan.

 

"A lingua corsa non é unha lingua estranxeira, ten que ser considerada unha materia tan fundamental como o francés", indican desde Parlemu Corsu, que xa iniciou un calendario de concentracións e mobilizacións para defender que o idioma propio desta illa mediterránea teña no ensino o lugar que merece.