Portugal: Sondaxes apuntan a vitoria de Seguro, que obtería entre 68 e 73% dos votos

Papeleta nun colexio electoral. (Foto: Europa Press)
O candidato da extrema dereita, Andrés Ventura podería obter até 32% dos sufraxios.

Proxección da Universidade Católica dada a coñecer após o feche dos colecios electorais en Portugal dá vitoria ao candidato do Partido Socialista, António Seguro, con entre 68 e73% dos votos

A proxección coloca André Ventura, candidato da extrema dereita de Chega, en segundo lugar, con 27 a 32%.

Por primeira vez en catro décadas, ningún candidato conseguiu máis do 50% dos votos válidos en primeira volta e por iso se volveu votar este domingo.

Ademais, Portugal votou co plan nacional de emerxencia activado polos efectos da cadea de borrascas que castigaron o país as dúas últimas semanas, con 68 municipios en estado de calamidade. Varios concellos xa fixeron uso da prerrogativa legal que lles permite, ante o imposíbel de asegurar o correcto acceso ao voto a todos os seus veciños, aprazar a votación nos seus municipios unha semana. É dicir, que polo menos 3 municipios votarán o 15 de febreiro.

Con máis de 31% dos votos, o candidato apoiado polo Partido Socialista (PS) e ex secretario xeral da formación, António José Seguro, foi o gañador da primeira volta das eleccións presidenciais portuguesas o pasado 18 de xaneiro. Este domingo enfrontouse ao candidato apoiado polo Chega e líder dese partido, o ultradereitista André Ventura, que ficou en segunda posición con algo máis de 23,5% dos sufraxios.

Opcións

As formacións políticas á esquerda do PS, co Partido Comunista de Portugal (PCP) e o Bloco de Esquerdas como opcións máis representativas, pediron tras a primeira volta o apoio para Seguro coa intención de para a extrema dereita que representa Ventura.

Porén, o 'cordón sanitario' a Chega provocou división na dereita. Neste sentido, a pesar de que numerosas personalidades da formación e do ámbito conservador que o pediron, o líder do Partido Socialista Democrático (PSP) e primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, evitou dar apoio a Seguro, e afirmou que non pide o voto por ningunha das opcións que optan á Presidencia.

 

 

.