A decisión, en mans do xuíz
DIRECTO: Joaquim Forn renuncia ao escano para acelerar a súa saída de prisión
23 de xaneiro de 2018 (10:50 h.)
O ex conseller de Interior e deputado eleito Joaquim Forn -na cadea en Estremera canda Oriol Junqueras- deixa o escano como unha estratexia de defensa. Os seus avogados piden ao xuíz Llarena que o poña na rúa. A Fiscalía oponse co argumento de que aínda existe risco de reiteración delictiva.
20:02 | O ex conseller de Interior Joaquim Forn renuncia á súa acta de deputado. Faino, segundo as fontes consultadas polos meios soberanistas, como unha estratexia da súa defensa para obter a liberdade. Agora será o xuíz Llarena o que decida. Forn está na cadea desde 2 de novembro, canda Oriol Junqueras. Ao demitir, correrá a lista de JxCAT e entrará no Parlament o número 18 da candidatura por Barcelona Antoni Morral. |
13:17 | Puigdemont pide ao Estado que o deixe voltar sen termor a ser arrestado como mellor contributo para avanzar na "restauración democrática". |
11:05 | "Imos procurar que non poda entrar nin no maleteiro do coche", afirma o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, nunha entrevista en Antena 3. O Estado blinda as fronteiras para evitar que Puigdemont poda entrar clandestinamente en territorio de xurisdición española. A renuncia á delegación de voto alenta a sospeita de que o president eleito poda tentar a investidura presencial. |
11:01 | Segundo tería confirmado ElNacional.Cat, quen non renuncia á delegación de voto son Clara Ponsatí e Lluis Puig, ex consellers e parlamentares eleitos de Junts per Catalunya. |
10:36 | Puigdemont retira a súa petición de delegación de voto para a sesión de investidura. A decisión abre un novo período de incerteza. Se non delega o voto, ten dúas opcións por diante: ou voltar a Catalunya para asistir ao Parlament ao pleno de nomeamento do novo president -co risco evidente de ser detido- ou renunciar á sua candidatura. |
9:40 |
A reunión de Puigdemont con independentistas en Christiansborg faise a iniciativa do soberanista Tjóðveldi (Partido Republicano), formación soberanista das Illas Feroes, segundo confirmou o parlamentar Magni Arge. Estarán tamén presentes integrantes das comisións parlamentares de Asuntos exteriores, Asuntos europeus, Illas Feroes e Groenlandia. Estes dous últimos territorios -baixo a xurisdición de Copenhaguen- defenden a súa libre determinación. |