Dereita e extrema dereita pugnarán polo triunfo na segunda volta das presidenciais en Romanía

O primeiro ministro Ciolacu ao votar nas eleccións do domingo. (Foto: Zhang Gaiping / Europa Press / Contacto)
A segunda rolda decorrerá o 8 de decembro.

O independente de extrema dereita Calin Georgescu e a candidata do conservador Unión Salvar Romanía, Elena Lasconi, lograron, segundo o reconto finalizado a segunda feira, superar a primeira volta das eleccións presidenciais que se desenvolveron o domingo en territorio romanés, e loitaran pola Presidencia nunha segunda fase programada para o 8 de decembro tras facerse con 22,94% e 19,18% dos apoios respectivamente.

O resultado deixou fóra da segunda fase ao que se prevía fose o vencedor da contenda, o primeiro ministro Ion-Marcel Ciolacu (19,15%), do Partido Socialdemócrata, que presentou a súa dimisión á fronte da formación. Até o escrutinio de 99% dos votos Ciolacu mantiña a segunda praza, que acabou por conseguir Lasconi por pouco máis de 2.500 papeletas.

O domingo están previstas as eleccións lexislativas no país, nas que as sondaxes apuntan a unha vitoria dos socialdemócratas con arredor de 30% dos sufraxios, o que unido ao aproximadamente 20% dos conservadores do Partido Nacional Liberal lles permitiría manter a coalición coa que gobernan desde 2021.