Non quería competir con Errejón

A demisión de Ramón Espinar de todos os seus cargos agrava a crise de Podemos

Espinar, nun acto público

Home de Pablo Iglesias, era partidario de tender pontes con Errejón, isto é, de non competir nas autonómicas madrileñas co tándem formado polo cofundador de Podemos e Manuela Carmena. Nisto discrepaba con Pablo Iglesias.

Ramón Espinar, na súa condición de secretario xeral de Podemos Madrid, era o encargado de montar unha candidatura alternativa á que vai encabezar Íñigo Errejón. Non o fará porque esta sexta feira acaba de renunciar a todos os seus cargos orgánicos e institucionais —senador e portavoz da organización no Parlamento autonómico—, un auténtico golpe de efecto que leva a formación morada a unha situación límite.

 

"Cando non tes marxe para dirixir e non partillas o rumbo, teste que ir", declarou o dirixente demisionario a eldiario.es. Fontes consultadas por El País alegan, por súa parte, que  "Espinar se vai porque non quere pór a competir o partido con Errejón".

 

 

A saída de escena de Espinar complica moito a vida a Iglesias e mostra como un importante sector de adeptos ao líder morado pensa que é un erro estratéxico conducir a organización a un confronto co dueto Errejón-Carmena.