Conflitos no Exipto deixan medio cento de mort@s

[Imaxe: LibreRed]

A violencia entre militares, partidari@s e detractor@s de Mohamed Morsi fai estourar de novo o conflito no Cairo. Esta sexta feira a Irmandade Musulmá convocou unha manifestación contra o goberno golpista e a prol da posta en liberdade do líder islamista

 

As axencias de noticias internacionais informan de máis de 50 persoas mortas nas rúas da capital exipcia mais tamén noutros puntos do país. Os enfrontamentos entre as forzas policiais e militares e @s manifestantes producíronse após a chegada da manifestación convocada pola Irmandade Musulmá á praza Ramsés (Cairo). No entanto, o conflito desenvolveuse tamén entre partidari@s do goberno golpista e seguidor@s de Mohamed Morsi.

Esta sexta feira a Irmandade Musulmá convocou unha mobilización coincidindo co rezo da sexta feira. A manifestación tiña por obxecto denunciar a represión sofrida pol@s seguidor@s do presidente Mohamed Morsi a pasada terza feira onde foron asasinadas máis de 600 persoas --segundo fontes gobernamentais.