A Comisión Europea chama a atención a Hungría polas súas restricións

O primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán (Ondøej Deml / CTK)

O Parlamento húngaro outorgou ao Goberno competencias extraordinarias e sen límite temporal que permiten a Orbán gobernar por decreto e sen control parlamentario.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, advertiu a Hungría de que haberá unha resposta legal ante as novas restricións do Goberno do primeiro ministro Viktor Orbán se atacan innecesariamente liberdades fundamentais.

Von der Leyen asegurou que está "disposta a actuar se as restricións van máis aló do permitido", segundo declaracións publicadas o domingo, 13 de abril, polo xornal alemán Bild am Sonntag.

O Parlamento húngaro outorgou ao Goberno competencias extraordinarias e sen límite temporal que permiten a Orbán gobernar por decreto e sen control parlamentario. En Hungría hai 1.410 casos positivos por coronavirus e 99 falecidos

Von der Leyen defendeu a necesidade de instaurar medidas excepcionais para combater o coronavirus, "mais as medidas deben ser proporcionadas, dentro dun límite de tempo e con control democrático".