Que asinaron exactamente Kim e Trump?
12 de xuño de 2018 (12:39 h.)
A maioría das análises de urxencia apuntan a que a declaración ten un carácter vago e con grandes zonas de indeterminación. En realidade, a noticia non é tanto o contido do acordo como o acordo en si propio.
A declaración asinada por Kim Jong-un e Donald Trump resumiríase nestes catro pontos:
- Os Estados Unidos e a República Popular Democrática de Corea comprométense a estabelecer novas relacións entre os dous, de acordo co desexo do pobo das dúas nacións canto á paz e á prosperidade.
- Os Estados Unidos e a RPDC xuntarán esforzos no sentido de criar un réxime de paz estábel e duradoiro na Península Coreana.
- Reafirmando a Declaración de Panmunjom, de 27 de Abril deste ano, a RPDC comprométese a traballar na total desnuclearización da Península Coreana.
- Os Estados Unidos e a República Popular Democrática de Corea comprométense a recuperar os prisioneiros de guerra [o conflito de 1950-1953] e a soldados desaparecidos, incluindo a repatriación daqueles xa identificados.