Case 300 ex guerrilleiros asasinados en Colombia desde os acordos de paz
No que vai de ano foron asasinados 41 ex militantes das FARC. E entre xaneiro e xullo, máis de 80 líderes sociais, indíxenas e sindicalistas.
Os acordos de paz atinxido en 2016 entre Goberno de Colombia e a guerrilla das FARC non supuxo un punto e á parte, mais ben un punto e seguido no que respecta a membros do antigo grupo guerrilleiro ou activistas sociais.
Case 300 ex guerrilleiros foron asasinados en Colombia desde 2016. Co asasinato de Jorge Eliecer Garzón Manrique realizado por sicarios en Florencia, departamento de Caquetá, suman 289 os ex guerrilleros asasinados desde a sinatura do Acordo de Paz, informou Prensa Latina.
De acordo co partido Comunes, Garzón Manrique atopábase realizando o seu proceso de reincorporación e foi asasinado mentres estaba reunido cun grupo de persoas nun establecemento público na citada localidade.
Centos de activistas sociais, sindicais ou indíxenas foron asasinados por paramilitares e sicarios desde a sinatura dos acordos de paz
Con el, xa son 41 ex guerrilleros das extintas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército do Pobo (FARC- EP), asasinados só en 2021, sinalou o Instituto de Estudos para o Desenvolvemento e a Paz.
A Defensoría do Pobo de Colombia emitiu unha alerta temperá, na cal sinala un control territorial máis notorio dos actores armados, debido á pandemia da COVID-19. Entre as accións en aumento atópanse as ameazas, os asasinatos, desprazamentos, recrutamentos e confinamentos, alertou.
Dereitos Humanos
O Instituto de Estudos para o Desenvolvemento e a Paz (Indepaz) informaba en xullo pasado do asasinato de Luis Picasio Carampaima, membro da comunidade indíxena de Catrú, no municipio de Alto Baudó, en Colombia. Con Picasio eran xa 84 as e os líderes sociais e defensores dos dereitos humanos asasinados en Colombia entre xaneiro e xullo deste ano, e 1.200 desde a firma del acordo de paz, segundo Indepaz.
A Defensoría do Pobo de Colombia informba en xaneiro de que ao longo de 2020 máis de 28.500 persoas se viran obrigadas a abandonar os seus fogares debido ao incremento da violencia no país. Tal e como indicou nun informe, a entidade sinalou que se constataran 90 eventos de desprazamentos masivos en todo o país, fundamentalmente por mor de enfrontamentos entre grupos armados, intimidacións e asasinatos de líderes sociais.