Carmen Calvo: "Da pandemia non se pode saír debilitando os dereitos"
A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, vén de defender que as autonomías “teñen instrumentos” para facer fronte aos gromos do coronavirus sen que sexa o Estado o que declare un novo estado de alarma.
“Un país non pode estar en continuo confinamento”, defendeu a representante, nunha entrevista en RNE, na que pediu que equipos como o de Feixoo “extremen a coordinación e fagan un esforzo conxunto”.
“Aquí non cabe a política, estamos nun momento no que a saúde, a protección de menores e maiores está por riba de todo. Se non sabemos facer isto seguramente no merece o sitio que cada quen teña”, subliñou.
Moi crítica coa suposta confrontación que anda a procurar o Partido Popular, Calvo incidiu en que, da pandemia, non se pode “saír debilitando os dereitos da cidadanía”.
“O Goberno non quere recortar dereitos fundamentais. Puidemos facer o que fixemos, con garantía da Constitución e un control estrito cada 15 días”, aclarou.