O Bloque denuncia que o acordo pesqueiro con Marrocos vai contra o pobo saharahui
O BNG considera que o acordo pesqueiro entre a Comisión Europea e Marrocos “vulnera a legalidade internacional”. Denunciono a eurodeputada Ana Miranda, quen lembrou que en febreiro deste ano o Tribunal de Xustiza da Unión Europea “excluíu as augas saharauis do acordo e recoñeceu que o pobo saharauí é o único e lexítimo propietario deses recursos”.
Para Miranda, a Comisión Europea “debía impulsar un acordo pesqueiro coa República Árabe Saharaui Democrática e non seguir vulnerando a legalidade”. A organización nacionalista, engadiu, está prol de que exista o acordo. Mais nas augas territoriais do Sáhara Occidental este debe negociarse coa Fronte Polisario “e non con Marrocos, que incumpre todos os acordos”.
“É unha mágoa que a Comisión Europea siga a ser comprada por Marrocos”, afirmou, “porque hai moitos favores que pagar, sobre todo en relación á emigración”. A eurodeputada do BNG acusou de curtopracista ao organismo comunitarios por “defender os dereitos humanos por unha banda e despois deixalos a unha beira”.
As accións marroquinas nas zonas saharauís son “colonialistas” e rachan cos acordos das Nacións Unidas, concluíu.