O Betis pide dous anos e medio de prisión para Pablo Hasel

Pablo Hasel nun momento da súa detención (Foto: Europa Press)

O rapeiro testemuña por videoconferencia acusado de delitos de odio, insultos e coaccións por escribir tweets desexando que o avión do club se estrelase xa que nel viaxaba o xogador Zolulya, a quen Hasel acusa de "neo-nazi".

Pablo Hasel volveu sentar no banco dos acusados. Declarou por videoconferencia no xuízo contra el que tivo lugar no xulgado penal 9 de Sevilla no que o Betis o acusou de delitos de odio, insultos e coaccións por ter escrito un tuit desexando que o avión do club se estrelase xa que nel viaxaba o xogador Zolulya, a quen Hasel (e parte da afección de clubs nos que xogou) acusa de "neo-nazi".

A defensa pide a absolución de Hasel, ao considerar que non pode ser condenado por ningún destes crimes porque o Betis "non é un grupo vulnerábel que require unha protección especial", xa que a ideoloxía do ex-xogador "é un feito obxectivo" e porque "catro chíos non teñen capacidade para conseguir nada ". O club andaluz pide dous anos e medio de prisión.

Nun tuit de 2017, Hasel acusou Zozulya de ser "neo-nazi" e escribiu que "se non fose porque morrerían pilotos e auxiliares de voo, gostaría que o avión do persoal do Betis caese".

Nun tuit de 2017, Hasel acusou Zozulya de ser "neo-nazi" e escribiu que "se non fose porque morrerían pilotos e auxiliares de voo, gostaría que o avión do persoal do Betis caese".

Segundo estes escritos, a acusación particular, que representa o equipo andaluz, pide dous anos e medio de prisión para Hasel e máis de 12.000 euros que a avogada do rapeiro, Alejandra Matamoros, xa asegurou á ACN que non pagará e que, polo tanto, poderían pasar sete meses máis de prisión se fose finalmente condenado.

Matamoros explicou tras o xuízo que pedira a absolución de Hasel ao considerar que non cometera ningún delito penal con estes tuits e que sexa o Betis quen pague as costas xudiciais ao considerar que se trataba dun acto de propaganda e uso imprudente da xustiza por parte do club.