Os berlineses votan a prol de expropiar 240.000 vivendas baleiras a grandes inmobiliarias
Con máis da metade dos votos escrutados, o referendo deste domingo aponta cun 57% a favor da medida e un 38 % en contra. Máis de 80% dos habitantes da capital viven de aluguer e comprobaron como nos últimos anos os prezos duplicaban.
Os votantes da capital de Alemaña, Berlín, votan a prol de aprobar unha iniciativa electoral que esixa a expropiación de vivendas baleiras ás grandes empresas inmobiliarias (que teñan máis de 3.000 inmóbeis) e que unha nova empresa de vivenda pública xestione os alugueiros.
O referendo deste domingo deixou un 56% a favor da medida e un 39 % en contra, segundo apuntan funcionarios electorais.
Estas empresas inmobiliarias contan con máis de 3.000 pisos na capital, e en base a esta iniciativa algúns deles serían " socializados" ou postos en mans da xestión pública. Isto afectaría a perto de 240.000 apartamentos, en torno ao 15% do parque de vivenda berlinés.
As empresas serían compensadas economicamente cunhas liquidacións que se estima que poidan alcanzar os 13.700 millóns de euros.
A cambio, as empresas serían compensadas economicamente cunhas liquidacións que se estima que poidan alcanzar os 13.700 millóns de euros.
Con todo, esta votación non é legalmente vinculante, aínda que si que servirá como medida de presión para os lexisladores de Berlín para que aborden este aspecto que é punto de conflito nunha cidade que loita contra a xentrificación e o aumento do prezo do alugueiro.
A iniciativa Deutsche Wohnen& Co, que impulsou o referendo, cre que a medida poderá deter o aumento dos alugueiros e asegurar prezos alcanzables a longo prazo.
Aínda así, haberá que esperar ata esta tarde para coñecer os resultados finais oficiais da votación.