A bandeira 'ianqui' volve a Cuba
14 de agosto de 2015 (18:53 h.)
Os EUA re-abren a embaixada na Habana após 54 anos.
Máis de medio século despois de racharen unilateralmente as relacións exteriores con Cuba, os EUA re-abriron esta sexta feira (14 de agosto) a súa embaixada na capital da illa.
Unha delegación encabezada polo Secretario de Estado, John Kerry, acudiu á cerimonia de izamento da bandeira na que tamén estiveron presentes 3 dos marines que en 1961 se encargaron da súa retirada.
Kerry asegurou durante o acto oficial que "o estabelecemento das relacións" entre ambos os dous países "non é un favor, senón un beneficio mutuo". Finalmente escoitouse o himno estadounidense.
De igual maneira, o 20 de xullo o goberno revolucionario cubano, re-abriu a súa misión diplomática en Washington.