Ana Pontón: "O pobo catalán está a escribir con letras de liberdade o seu futuro"
11 de setembro de 2017 (19:54 h.)
"O futuro dos pobos debe escreberse con D de democracia e L de liberdade", di Ana Pontón desde a marcha xigante dunha Diada del Sí que cualifica de "histórica".
Ana Pontón encabezou a delegación do BNG nesta Diada, en que estivo acompañada por Rubén Cela e Camilo Nogueira. A líder nacionalista estivo, apenas uns minutos antes de dar comezo a marcha, co seu homólogo de ERC, Oriol Junqueras, a quen trasladou o apoio sen fendas do Bloque ao referendo de autodeterminación convocado polo Govern para o 1-O.
Pontón -afirma o BNG nun comunicado- xulga de "inmobilistas e retrógradas do Estado español" no seu conflito político con Catalunya. A actitude dun Goberno Rajoy que teima en torpedear o referendo "non é admisíbel nen permisíbel".