Solidariedade con Palestina en prazas e rúas
Rúas e prazas do país mostran estes días a solidariedade co pobo palestino fronte á política de exterminio de Israel. Esta terza feira, Compostela vivirá unha mobilización artística con espectáculos de Pista4, Pallasos en Rebeldía, o Coro da Rá, Circo9.
BDS-Galiza xunto con organizacións políticas e colectivos artísticos de Compostela convocan á cidadanía a se mobilizar esta terza feira día 22 ás 19.30 na praza do Toural onde se iniciará un pasarrúas que rematará nun encontro de presentacións artísticas co fin de manifestar o rexeitamento da masacre que está a padecer o pobo palestino polos ataques de Israel.
Pista4, Pallasos en Rebeldía, o Coro da Rá e Circo9 entre outros colectivos de artistas do espectáculo participarán no encontro de Compostela que quere poñer a súa arte “ao servizo da defensa dos dereitos nun momento en que a brutal agresión de Israel sementa terror e morte na Faixa de Gaza”.
A mobilización de Compostela súmase a outras que durant