Quen ten medo á filosofía? Duascentas persoas participan nun acto contra os recortes da LOMCE
Profesorado da Universidade e do Ensino Secundario, estudantes e cidadáns conscientes do valor formativo desta actividade, secundaron a convocatoria conxunta da Facultade de Filosofía e A Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), a Aula Castelao e o Grupo Doxa.
A acción inscribíase dentro dunha campaña impulsada en todo o Estado pola Rede Española de Filosofía (REF) como protesta pola supresión da Ética e a perda do carácter de materia obrigatoria da Historia da Filosofía no anteproxecto da LOMCE.
Durante o acto, os presentes organizáronse en catro grupos de lectura e debate de textos filosóficos: Filosofía e Educación, Filosofía e Economía, Filosofía e Política e Filosofía e Ética, identificados por unha media ducia de rótulos con citas de diversos autores que se espallaron pola praza. Pretendíase mostrar que os estudos de Filosofía proporcionan unha formación transversal e interdisciplinar, que permite conectar os diversos saberes do currículo e desenvolver unha maior capacidade de xuízo para afrontar a complexidade do mundo contemporáneo. “Privar aos estudantes, como pretende a LOMCE dunha formación filosófica supón limitar a súa capacidade de informarse e de pensar por sí mesmos, acerca das cuestións esenciais sobre as que os cidadáns temos que decidir en democracia”, declarou o Presidente da SOGAFI, José Ángel Suárez Alonso
O colectivo reclama que se manteñan as tres materias obrigatorias de Filosofía nos tres últimos cursos da Educación Secundaria (4º
de ESO, 1º e 2º de Bacharelato), para garantir un ciclo formativo completo e coherente, atendendo ás recomendacións da UNESCO, que considera que a Fil
osofía, como escola de liberdade, debe formar parte do currículo básico en todos os sistemas educativos do mundo. Denuncian que o Anteproxecto da LOMCE non respecta tales recomendacións reiteradas en diversas ocasións.
Sinalan así mesmo a incoherencia do Partido Popular, que durante a súa etapa na oposición, nas propostas enviadas ao entón ministro de educación, Ángel Gabilondo, “para un pacto pola reforma da educación en España” pedía restablecer a Filosofía na súa configuración clásica “despoxándoa do empobrecedor prantexamento que a concibe baixo o fío condutor da Educación para la Cidadanía”. Na reforma educativa que eles impulsan desaparece a Educación para a Cidadanía e a Filosofía sufre un recorte sen precedentes no sistema educativo español ao desaparecer a Historia da Filosofía como materia obrigatoria nas distintas modalidades do Bacharelato.
"A Filosofía sufre un recorte sen precedentes cando o PP na oposición reclamaba restablecela na súa configuración clásica"
Os convocantes consideran que a permanencia destas materias na ESO e no Bacharelato é imprescindible para
O acto, ao que tamén asistiu o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao para manifestar o apoio do sindicato a esta iniciativa, finalizou coa lectura dun manifesto asinado conxuntamente pola Facultade de Filosofía e o resto das organizacións convocantes, que remataba coa pregunta: Quen ten medo da Filosofía?