Olaia Fernández, parlamentaria máis activa para xornalistas do Congreso
19 de decembro de 2012 (08:29 h.)
A deputada do BNG foi recoñecida onte como “Parlamentaria máis activa” na xuntanza anual que a Asociación de Periodistas Parlamentarios celebran en Madrid.
Como parlamentaria "máis activa" do hemiciclo foi premiada a deputada nacionalista galega Olaia Fernández Davila na xuntanza anual que onte á noite celebraron en Madrid a Asociación de Periodistas Parlamentares que valoraron o número de iniciativas e a participación na actividade da cámara. .
Olaia Fernández Davila é deputada do BNG no Congreso dos Deputados desde o ano 2004. Desde abril deste ano é portavoz de Grupo Mixto.