Guillerme Vázquez: "É tempo de que os pobos decidan. É tempo de soberanía"
12 de setembro de 2012 (12:34 h.)
O voceiro do BNG tomou parte na multitudinaria mobilización do Diada a prol da liberdade de Catalunya
"Ante a ofensiva centralista, é tempo de que os pobos decidan, de que tomen a palabra. É tempo de soberanía porque sen soberanía non hai democracia". O voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, fixo estas declaracións no transcurso da xigantesca manifestación que reuniu entre millón e medio e dous millóns (segundo diferentes cálculos) de persoas en Barcelona a prol da liberdade para Catalunya.
Convidado por ERC, Guillerme Vázquez participou en diferentes actos desenvolvidos co gallo da Diada na cidade condal, entre eles, a manifestación que se levou a cabo tras a faixa de "Catalunya, un nou Estat d’Europa".