Escenas de tensión diante dos xulgados polo xuízo a Baltar

Xosé Luís Baltar á entrada do xulgado [Imaxe: Óscar Pinal]
Afectad@s polas preferentes e militantes do PP chegan ás mans

 

A entrada do ex-presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, no Xulgado nº 1 de Ourense remata en incidentes entre partidarios do ex-líder do PP na provincia e afectad@s polas preferentes. Berros contra a corrupción provocaron unha reacción violenta do propio Baltar na mesma entrada e a tensión continuou co político ourensán no seu interior. Mentras está a declarar aínda queda un grande grupos de persoas no exterior do edificio de xustiza.

O proprio Baltar encarouse con algunha das persoas afectadas polo calote.