Dez euros por 'viaxar' en ambulancia
Até dez euros por viaxe --de ida e volta-- pagará calquera persoa que queira ser trasladada en ambulancia até un centro hospitalario para recibir tratamento. Doentes crónic@s que precisan ser desprazad@s con asiduidade deberán facer fronte ao pagamento dunha taxa sobre o transporte non urxente. A decisión será adoptada no Consello territorial que terá lugar o vindeiro 20 de decembro e farase extensíbel a enferm@s oncolóxic@s e aquelas que precisen tratamentos de hemodiálise.
Segundo avanzou a Cadena Ser esta quinta feira, o borrador presentado instaurará o re-pagamento do 50% do servizo de ambulancias do que tan só ficarían exent@s de o pagaren persoas desempregadas sen prestación, persoas con capacidades especiais, rendas de integración e afectad@s polo síndrome tóxico. Aliás, aquelas enfermidades derivadas de accidentes laborais tampouco deberán pagar pois será a empresa aseguradora a que asuma o gasto.