As crianzas soas toman as rúas en Pontevedra e Carballo para iren á escola
Hora de entrada no colexio e arredor de cincocentos nenos e nenas de Pontevedra saen da casa só con mochilas. Que falta? Algún adulto que vaia á súa beira. O concello implantou hai dous cursos e medio o programa Camiños Escolares que fai que cada mañá centos de nenos tomen as rúas con autonomía e seguridade. O Concello de Carballo comezou este curso a aplicar o programa con sorprendentes resultados.
En Pontevedra iniciouse hai dous cursos e medio cun programa piloto no colexio Álvarez Limeses do centro da cidade. O procedemento repetiuse até se implantar en todos os colexios do núcleo urbano. O protocolo é sempre o mesmo. Primeiro unha xuntanza convocada polo concello co claustro e a Anpa, logo asemblea aberta con pais e profesores e, a seguir, unha charla con expertos en seguridade vial. Despois desta primeira fase, pásaselle unha enquisa a nenos e nenas de máis de sete anos para coñecer os itinerarios e puntos conflitivos nos que se colocarán persoas colaboradoras e fálase con comerciantes que se sitúan nas rutas para os convidar a participar. A maioría acepta e nos seus establecementos locen un distintivo por se algún neno ou nena precisa algunha axudar recorra a esa casa amiga.
“Tratábase de implicar a toda a comunidade e o resultado foi asombroso. Imos, por exemplo, falando un por un con todos os comerciantes e a colaboración é máxima. Estender o programa a toda a cidade era un reto mais conseguiuse”, explica Carme da Silva, concelleira responsábel da área que comproba cada mañá como a cidade aparece tomada con crianzas con mochilas que xa non van en coche ao colexio e moitos deles nin levan vixilancia familiar. Os resultados están á vista. Arredor de 500 van sós, inscritos no programa do Concello.
Seguridade para maiores, autonomía para a infancia
Porque para darlle máis seguridade a pais e nais anótanse nunha listaxe co fin de comunicar á comunidade que cada mañá van saír sós do domicilio co destino ao colexio. Todos os axentes implicados o saben e, por iso, cando un neno ou nena
“Contribúe a que gañen en autonomía e que podan mesmo resolver pequenos problemas. Coñecen a cidade a súa medida, saben que poden contar cos comerciantes do barrio e volven tomar as rúas, como antes”, comenta Carme da Silva que cada día comproba como máis cativada se suma a ir sen maiores ao colexio. Tamén desapareceron os atascos de coches á hora de entrada, do que se beneficia a cidadanía enteira. “Eses eran os momentos de máis risco, cando os coches estacionaban en calquera parte para deixar aos nenos e saían ás presas e despistados”, comen
ta afirmando que a cidade se fixo así máis cómoda. Os resultados son que en dous anos e medio non se rexistrou ningún incidente nos arredores dos colexios pontevedreses.
Á medida dos pés
Co modelo de Pontevedra no horizonte, este curso o programa comezou a aplicarse en Carballo, un concello máis pequeno que está sentir xa os beneficios dunha acción municipal que non precisa grandes investimentos e ten, pola contra, uns efectos case inmediatos. Participación social, seguridade vial, aforro enerxético e formación en autonomía son só algúns deles.
Despois das reunións previas, deseñar as rutas e facer un estudo de control de riscos, o programa comezou a aplicarse neste curso. “En pouco tempo fóronse sumando usuarios e estamos sorprendidos da boa acollida que tivo ademais da participación do voluntariado e da propia policía local”, explica Xosé Regueira, concelleiro responsábel da área en Carballo. “A idea é que a súa aplicación modifique o concello. Trátase dun programa de autonomía infantil e participación na actividade pública mais queremos que non se limite a entradas e saídas, senón que modifique o espazo público nos perímetros dos centros, máis acaídos á vida na rúa dos escolares”, explica Regueira quen prepara un programa de actividades complemenarias arredor de rúas e prazas.
O proxecto que se manexa é aplicar o procedemento aos tres colexios do centro urbano de Carballo. Se no inicio do curso 19 eran os nenos e nenas anotados no colexio no que se puxo en marcha agora, apenas un mes despois, son xa medio cento. “A sociedade está a ver que Carballo non ten grandes distancias e pódese volver a camiñar, gañando en saúde e autonomía, aforrando en cartos e contaminación e poñendo en valor os espazos públicos”, comenta Regueira, sorprendido da b
Como Carme da Silva, Regueira considera que o éxito do programa vén tamén das accións previas que fan das cidades máis habitábeis. De feito, na reunión de seguimento desta semana xa se valorou ir reducindo chaleques amarelos e limitalos aos cruces nos que poida haber algún risco. Que as crianzas voltan tomar as rúas e gocen de espazos públicos e que saiban que, se nalgún momento rabuñan unha perna, terá un comerciante ou unha veciña para botarlle de seguida unha man. Porque para iso son colaboradores do programa “Camiños Escolares”.