Comparecencia no Parlamento: vítimas das preferentes chaman "ladróns" a Gayoso e Méndez
21 de xuño de 2013 (13:41 h.)
Está a decorrer a comparecencia no Parlamento, na comisión de investigación das caixas, dos directivos que as levaron á ruína. Fóra, as vítimas das preferentes están a realizar unha concentración. As súas bucinas atronan a sala en que se produce a comparecencia.
Gayoso está a despregar unha estratexia absolutamente escapista na súa comparecencia, recusando entrar nas cuestións que lle foron formulando os portavoces da oposición.
O que fora máximo executivo de Caixanova estase a escudar en que o asunto está sendo investigado pola Audiencia Nacional para non contestar algunha das perguntas.
Podes acompañar a comparecencia aquí.