A cicloxénese colapsa Vigo e o sur da provincia de Pontevedra
A cicloxénese explosiva Margit asolagou partes da cidade de Vigo e levou o dioivo ao sur da provincia de Pontevedra. Ás 17 horas rexistráranse 91,81/ m² que produciron imaxes dunha cidade desbordada pola auga.
As consecuencias da cicloxénese explosiva Margit comezaron a sufrirse desde a mañá, cando por volta das 11 horas unha tromba coincidente coa pleamar colapsou a rede de saneamento de Vigo, cidade onde os efectos foron maiores. De maneira especial no centro, as rúas inundáronse de auga, converténdose por veces en verdadeiros ríos nos que era moi difícil circular. Os sumidoiros reventaron facendo aínda máis complicada a situación. O Concello de Vigo tivo que recomendar non empregar os coches e anuláronse diversas actividades previstas para a xornada, entre elas, a concentración convocada polas forzas sindicais para reclamar o indulto de Carlos e Serafín. Tamén a factoría Citroen tivo que parar a súa actividade.
A zona centro e as inmediacións do Estadio de Balaídos foron polo de
Asolagamentos, aínda que en menor medida, producíronse na xornada tamén en Pontevedra e noutros concellos do sur da provincia, en especial do Baixo Miño e o Morrazo.