"A catástrofe do Prestige non a provocou Mangouras, foi Madrid vía teléfono con López-Sors"

Xosé Sánchez, presidente da Plataforma Nunca Máis

Após sete meses de ter comezado a vista oral. o xuízo do Prestige fica pronto para emitir sentenza. Conversamos con Xosé Sánchez, presidente da Plataforma Nunca Máis,acusación particular

 

Xosé Sánchez lembra aqueles días coma se fora onte. Ten claro que "aqueles días foron un antes e un despois" para a conciencia deste país e que conseguiron "quitar de enriba" esa idea "de que o pobo galego "era compracente e submiso con todas as inxustizas". 

No entanto, asegura Sánchez, "xa cando comezaba o proceso, considerabamos que non ia dar grandes resultados". Embora --asegura-- o obxectivo da Plataforma fose dar a coñecer mediaticamente, a través das declaracións dos peritos, "o que aconteceu realmente" está certo de que non o conseguiron realmente. 

Daqueles días que aínda considera "tráxicos" o presidente de Nunca Máis ten claro que a responsabilidade da maior catástrofe ecolóxica do país "non é Mangouras" [o capitán do Prestige] "fo Madrid vía telefónica con López-Sors", sentenza. 

A entrevista completa no número 53 do Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques do país e na nosa loxa