Sanchez Aguión, secretario xeral de CCOO: "Os resultados non poden ocultar os problemas do país"
21 de outubro de 2012 (18:25 h.)
Xosé Manuel Sánchez Aguión é o Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO en Galiza.
Como valora o resultado das eleccións?
Aínda estou dixeríndoos. Hai que facer unha lectura máis pausada destes resultados. O PP está aí e hai que respetar aos que os votaron. Mais irrumpe unha nova forza, que entra no Parlamento cunha oposición nítida ás políticas do PP.
Que escenario considera que se abre tras o resultado as urnas?
Imos seguir na mesma actitude contra as olíticas lesivas do PP. Os resultados non poden facernos esquecer nin ocultar os graves problemas deste país