Ecogaleguistas "lamentan" que os outros grupos de CxG desboten un pacto con Anova aberto a máis forzas

Xoán Hermida
Afirman que "a percepción que ten a sociedade, é que CxG tivo durante agosto un forte corremento cara a dereita. Se non é mais que unha percepción deberíase intentar corrixir cousa que non se fai"

Ecogaleguistas, unhas das tres patas que conforman Compromiso por Galicia, vén de colgar na súa páxina web un documento no cal analizan e dan a súa opinión sobre o debate aberto no seo de CxG ante a posibilidade de constituir unha frente unitaria con Anova e outras forzas, nomeadamente IU, de cara aos comicios do 21-O.

En dito comunicado, cren que "aínda hai tempo para que Anova e CxG marquen o carácter nacional dun acordo amplo e necesario", se ben no propio texto tamén cita e aprofunda nunha serie de aspectos do debate no seo de CxG  sobre esta alianza que non considera axeitados.

Así, interpretan que o nacemento de CxG supoña poñer no cenario político e social unha forza diferente, tanto no actuar como nas ideas, enclave de "Cooperativa Política" e con vocación de integrar. "Este liderazgo que se reclamaba para CxG o ocuparon outros, mesmo algunha forza con dificultades ata o de agora por situarse no panorama político galego", afirman no documento.

"Este liderazgo que se reclamaba para CxG o ocuparon outros, mesmo algunha forza con dificultades ata o de agora por situarse no panorama político galego"

Clamor

Para os Ecogaleguistas, "as demandas da cidadanía pola unidade son un clamor. O noso prinicpal compromiso debe ser coa cidadanía e a situación na que esta a vivir".  Por iso, apuntan, no último Consello Político de CxGdeste sábado "defendimos a unidade entre Anova e CxG como soporte nacional dunha alianza ampla progresista, democrática e galega".

Unha proposta, que entendían que se sustentaba nos principios fundacionais de Compromiso ("proxecto para a maioría social, galeguismo aberto e progresismo inclusivo"). Por iso, califican de "grave erro" que os outros dous grupos que conforman CxG "non entenderan a proposta".

Formulacións sectarias

No documento, os ecogaleguistas afirman textualente que "lamentamos que o debate en CxG escoitaranse formulacións sectarias e excluíntes que xa entendiamos superadas ( españolismo, deslealdade, ... ), nunha decisión de tanta importancia e onde por primeira vez non había o consenso necesario previo".

E engaden que "por outra banda, xa non a deriva, senón a percepción que ten a sociedade, é que CxG tivo durante agosto un forte corremento cara a dereita. Se non é mais que unha percepción deberíase intentar corrixir cousa que non se fai".

O documento finaliza afirando: "Espazo Ecosocialista, desde a autoridade moral que lle ofrece sempre defender o mesmo e non aspirar a postos electorais, vai seguir a explorar todas posibilidades de unidade o máis ampla que se poida conquerir".

Podes ler o docuento íntegro, aquí