Compromiso por Galicia presenta a súa imaxe de campaña

Sandra Araúxo e Inma López
Compromiso retoca o seu logo e presenta unha campaña de vocación “bidireccional” baixo o lema "A túa voz".

 

Sandra Araúxo e Inma López Silva, candidatas de Compromiso por Galicia na provincia de Pontevedra, presentaron esta cuarta feira a nova imaxe e o lema de campaña da formación galeguista, que matiza o X do seu anagrama para o “converter no símbolo dun punto de encontro”.

Así mesmo, a formación que encabeza Xoán Bascuas usará a frase “A Túa Voz” como lema para os comicios, aínda que acompañado doutro tipo de mensaxes engadidos, como “Ti tes moito que dicir” ou “Quero falar contigo”.

López Silva declarou que CXG “ofrece un proxecto aberto, público e participado, empregando a palabra como clave da política nunha comunicación bidireccional”. Así, destacou que @s candidat@s da súa formación “foron elixidos en primarias abertas como proba de apertura á sociedade”.

Pola súa banda, Araúxo avanzou algunha chave do programa comprometéndose a “axilizar os trámites da Lei de dependencia e o pagamento a persoas dependentes”.