A Xunta pide a Alcoa que retire o ERE
19 de outubro de 2018 (18:39 h.)
O presidente da Xunta e o conselleiro de Economía reuníronse co comité de empresa de Alcoa na Coruña.
A Xunta aposta nunha unidade de acción con Asturies para facer fronte ao feche das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés. Así llo trasladou o propio presidente galego, Núñez Feixoo, ao comité de empresa de Alcoa nunha xuntanza realizada esta sexta feira.
No transcurso da reunión acordouse tamén, e segundo o goberno galego, actuar nunha dobre dirección: solicitar a Alcoa que levante o expediente de regulación de emprego para que se sente a negociar cos traballadores e abrir unha vía de diálogo e, de xeito simultáneo, instar ao Goberno a que traballe nun marco eléctrico estábel e coñecido de cara a 2019.