Ryanair fechará a súa base de Santiago de Compostela e cancelará todos os voos a Vigo

O CEO da aeroliña irlandesa, Eddie Wilson, e a responsábel de comunicación de Ryanair no Estado español, Alejandra Ruiz. (Foto: Matias Chiofalo / Europa Press)
O conselleiro delegado de Ryanair, Eddie Wilson, asegurou durante a rolda de prensa de presentación da tempada de inverno na que anunciou que os recortes que estas reducións prexudicarán aínda máis os aeroportos vulnerábeis.

Ryanair fechará a súa base de Santiago de Compostela e cancelará todos os voos a Vigo e Tenerife Norte, á vez que manterá fechadas as bases de Valladolid e Xerez e reducirá a súa capacidade en Asturias, Santander, Zaragoza e Canarias este inverno.

A aerolínea adoptou estas decisións no marco do seu plan para reducir a súa capacidade nun 41% nos área peninsular estatal e nun 10% en Canarias este inverno, o que suporá a perda dun millón de prazas no inverno (dous millóns anuais) "debido ás taxas aeroportuarias excesivas e pouco competitivas que aplica o operador aeroportuario monopolístico Aena".

O conselleiro delegado de Ryanair, Eddie Wilson, asegurou durante a rolda de prensa de presentación da tempada de inverno na que anunciou que os recortes que estas reducións prexudicarán aínda máis os aeroportos vulnerábeis e conducirán a "unha perda de investimento, conectividade, turismo e emprego na área peninsular do Estado español xa que moitas rutas serán económica inviábeis".

En concreto, a aerolínea reducirá a súa capacidade nos aeroportos da área peninsular estatal nun 41% (600.000 prazas menos) e en Canarias nun 10% (400.000 prazas menos). Así, Ryanair fechará a súa base de dous avións en Santiago de Compostela, o que suporá a perda dun investimento de 200 millóns de dólares na Galiza.

Así mesmo, suspenderá todos os voos a Vigo a partir de xaneiro de 2026 e a Tenerife Norte a partir do inicio do inverno de 2025. Ademais os aeroportos de Valladolid e Xerez permanecerán pechados durante o inverno de 2025. Wilson tamén anunciou que se reducirá a capacidade noutros catro aeroportos estatais: Zaragoza (-45%), Santander (-38%), Asturias (-16%) e Vitoria (-2%).

Desviará dous millóns de prazas anuais a outros estados

Ryanair cancelará un total de 36 conexións directas coa área peninsular estatal e Canarias. Todo iso supón que se desviarán dous millóns de prazas anuais a Italia, Marrocos, Croacia e Albania.

"Ryanair mantén o seu compromiso co Estado español, mais non podemos xustificar un investimento continuado en aeroportos cuxo crecemento se ve bloqueado por taxas excesivas e pouco competitivas", afirmou Wilson.

Por todo iso a aeroliña volve pedir á CNMC e ao Goberno español que rexeiten os "excesivos aumentos das taxas" e amplíen a conxelación das mesmas para protexer a conectividade, o turismo e o emprego.