Os prezos na Galiza aumentan un 4,6%, a súa maior suba en 13 anos

Factura da luz (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
A suba de prezos interanual en setembro en Galiza é a segunda maior entre territorios, só superada por Castela-A Mancha (+4,8%).

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) continúa coa súa escalada en setembro na Galiza e aumenta un 4,6% en relación ao mesmo mes do ano anterior, por riba da media estatal (+4%), segundo os datos publicados esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste modo, os prezos galegos acadan niveis de incremento que non se rexistraban desde hai 13 anos, cando en setembro de 2008 se producía un repunte do 4,9%.

De feito, esta suba de prezos interanual en Galiza é a segunda maior entre territorios, só superada por Castela-A Mancha (+4,8%). Ademais, o IPC presentou un incremento en relación ao mes anterior (+0,7%) e no acumulado deste ano (+3,3%), o que mantén a tendencia á alza do índice.

De media no que vai de ano, entre xaneiro e setembro, o maior crecemento tamén é o ocasionado pola electricidade (+15,9%).

En taxa interanual, o apartado de vivenda é o que experimenta o maior encarecemento en Galiza (+17,3%) ao englobar o aumento de prezos de electricidade e gasóleo no último ano.

Séguelle o transporte (+10,2%). Tan só comunicacións (-2,8%) e bebidas alcohólicas e tabaco (-0,3%) van á baixa.

Na comparativa de setembro fronte a agosto, vestido e calzado (+5,3%) e vivenda, electricidade e gasóleo (+3,9%) están á cabeza. No outro extremo, prodúcese lixeiros descenso en campos como alimentos e bebidas non alcohólicas, lecer e cultura, así como hoteis, cafeterías e restaurantes.

De media no que vai de ano, entre xaneiro e setembro, o maior crecemento tamén é o ocasionado pola electricidade (+15,9%).

Galiza xa fechara o mes de agosto cun incremento nos prezos de 3,9% respecto ao mesmo período do ano anterior, un alza superior á rexistrado no conxunto de territorios do Estado español (3,3%). De feito é, após Castela-A Mancha (4%), tamén daquela fora a maior suba estatal en termos interanuais.