Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 5 de xullo

O prezo máis alto, de 382,11 euros/MWh, darase entre as 21 e as 22 horas. (Foto: Europa Press)

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta terza feira darase entre as 21 e as 22 horas, mentres que o mínimo será entre as 16 e as 17 horas.

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta terza feira nos 318,6 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta terza feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 382,11 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 267,09 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas.

Esta terza feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 231,74 euros/MWh.

Deste modo, cae 9,11% a respecto do prezo medio desta segunda feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta terza feira será considerabelmente superior aos 93,85 euros/MWh do 5 de xullo de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de xuño foi de 211,8 euros/MWh, uns 24 euros superior ao prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).