A parte do pastel que levan firmas foráneas
Un 82% dos ingresos de industrias extractivas que actúan na Galiza vai para empresas que teñen a súa sede fóra do país. Un exemplo que fala por si propio e que serve para tomar o pulso a un elemento a ter en conta en calquera economía: quen son, e de onde son, os que levan partes gorentosas do pastel. Non só na industria, senón tamén en sectores como o comercio, o transporte ou a comunicación. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos 272.
Esta é unha realidade que se presenta diáfana: o 34,1% dos beneficios da industria en Galiza lévao empresas con sede noutros territorios, porcentaxe ademais que é un aumento considerábel a respeito da parte do pastel que as firmas non galegas obtiñan no noso país en 2008 e que era do 28,5%.
Curiosamente, mentres aumentaba a parte de cifra de negocio industrial que as empresas con sede noutras autonomías obtiña no noso país, minguaban as persoas que traballaban nas mesmas: en 2008 o 11,3% do cadro de persoal do sector industrial galego traballaba nesas compañías foráneas, en 2016 é o 12,9%, o que supón catro décimas menos.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 272 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]