Menos de 1.000 accionistas teñen o poder global

Moito poder, en poucas mans

Non é unha novidade que existe unha forte interrelación entre multinacionais e que hai unha serie de axentes económicos -nomeadamente sociedades financeiras ou grupos industriais- que teñen un gran control sobre o capital de miles de empresas de todo o mundo. Disto vai unha das reportaxes que recolle o Sermos Galiza 219. Deixamos aquí un extracto.

Tres investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Zurich examinaron as interaccións financeiras entre multinacionais do mundo enteiro. Unha investigación na fronteira das finanzas, a economía e a estatística que os seus responsábeis, o italiano Stefano Battiston, que pasou polo laboratorio de Física Estatística da École normale supérieure, o suízo James B. Glattfelder, especialista en redes complexas, e a economista italiana Stefania Vitali, nunca imaxinaron que ía deitar uns resultados tan rotundos e preocupantes.

O seu traballo, The network of global corporate control (A rede de control global das transnacionais) examina un panel de 43.000 empresas e corporacións multinacionais seleccionadas na lista da OCDE. Analizan polo miúdo as interligazóns financeiras complexas entre estas entidades. Resultado: o 80% do valor do conxunto das 43.000 multinacionais estudadas é controlado por 737 accionistas (o 0,12% do total): bancos, compañías de seguros ou grandes grupos industriais.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 219, xa á venda nos quiosques e na loxa]