Miles marchan polo emprego e contra as políticas do PP convocadas pola CIG

CIG

Manifestacións en Compostela, Vigo, Pontevedra e Ribeira, convocadas pola CIG, para rexeitar as políticas que xeran miseria e precariedade. As marchas denunciaron as preocupantes taxas de paro e a ausencia de expectativas para os sectores produtivos das respectivas zonas. Só en Vigo tomaron parte na manife máis de 5.000 persoas

Ferrolterra non estivo só nesta xornada na queergueu, na Folga Xeral comarcal, o facho do combate pola dignidade e contra a crise e denuncia dos seus responsábeis. Outras cidades e localidades galegas (Vigo, Compostela, Pontevedra e Ribeira) tamén rexistraron mobilizacións. Convocadas pola CIG na defensa do emprego e dos sectores sectores produtivos. No rexeitamento dunhas políticas que xeran “miseria” e “precariedade”.

Milleiros de persoas tomaron parte nestas mobilizacións, que decorreron ao caer a tardiña. Agás en Pontevedra, onde foi pola mañá e co protagonismo dunha concentración de delegad@s da central nacionalista.

As mobilizacións enmárcanse na dinámica impulsada pola CIG de resposta ás políticas desenvolvidas desde o Partido Popular tanto do goberno central como autonómico, así como as impostas desde Bruxelas. Neste sentido, o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, ten reiterado a oferta aos outros sindicatos para traballar na unidade de acción de cara a unha nova folga xeran en Galiza.