Marta Ortega destaca os 50 anos de Inditex nun tempo de "desafíos"

Marta Ortega, esta terza feira 15 de xullo, en Arteixo. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Proxecta a apertura de tendas de moda no Irak.

A presidenta de Inditex, Marta Ortega, reivindicou esta terza feira o legado de medio século que fai Inditex, "50 anos de persoas", en prol dun crecemento de futuro centrado, dixo, tamén en "valores", o cal ocorre "en tempos complexos, cheos de desafíos".

"Non podemos perder nunca o noso espírito", afirmou. Na súa intervención de apertura da xunta xeral de accionistas, decorrida en Arteixo (comarca da Coruña), Ortega remarcou que a compañía segue "coa mirada posta no futuro" e "querendo medrar, si, pero non só en tamaño", senón tamén en "responsabilidade e relevancia". 

Na mesma liña, o conselleiro delegado, Óscar García, informou de que Inditex abrirá as súas primeiras tendas no Irak no mes de outubro, no que será o mercado número 98 da compañía galega de moda.

Ás do Irak sumaranse outras aperturas en Atenas (Grecia), Nankín (China) e Os Ánxeles (Estados Unidos), entre outras. Despois do verán, os equipos comerciais de Zara terán unha nova sede en Arteixo.