Inditex ten que renegociar con Amancio Ortega os alugueres de locais da súa propiedade

Amancio Ortega

Ortega está entre os arrendadores de inmobles para tendas do xigante do téxtil que fundou e do que émáximo accionista. A maioría dos contratos expiran en dous anos.

Nun prazo de dous anos van expirar boa parte dos contratos das tendas que Inditex ten en locais e inmobles, o que obrigará a unha renegociación das condicións, sinalan en Economía DigitalUn proceso no que os responsábeis do imperio téxtil terán que falar, como apunta Economía Digital, cun dos seus arrendadores: Amancio Ortega, fundador e o maior accionista do imperio con sede en Arteixo. Ortega posúe Pontegadea Inversiones, un holding fundado en 2002 e ligado o 'ladrillo' e que en 2012 deu ganancias por máis de 70 millóns de euros.

E como lembra ED, Zara vai abrir unha 'macrotenda' de seis andares na exclusiva rúa Serrano de Madrid, unhas instalacións que mesmo terán unha zona de 'showroon' (para pases de coleccións)... E quen é propietario desas instalacións que van ser alugadas a Zara? Pontegadea, o holding de Amancio Ortega.

Mais non só Inditex é cliente do Amancio Ortega 'caseiro'. Desde BBV a Google, pasando por NGB, entre outros.